Filosofía
Charlas do departamento de Filosofía
Enviado por admin o Mér, 02/02/2022 - 13:18O luns 31 de xaneiro tivemos dúas charlas organizadas polo Departamento de Filosofía: unha, impartida polo profesor Andrés Cernadas sobre "Valores, conflitos éticos e corrupción no ámbito político e profesional", para alumnado de 2º de Bacharelato de Historia da Filosofía e 4° de ESO de Valores Éticos; e a outra, a cargo da profesora Ángela Fernández co título "Políticas de xénero: onde estamos e cara on
Nova sesión do Club da Igualdade
Enviado por admin o Xov, 23/01/2020 - 11:53Este pasado luns 20 celebramos no instituto a sesión de xaneiro do Club da Igualdade, dedicada nesta ocasión a falar de neurodiversidade e da realidade das persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA), como resultado dunha proposta do noso alumno de 1ºBach Mateo González.
Visita á audiencia provincial
Enviado por admin o Mar, 14/01/2020 - 21:19Os alumnos e alumnas de Valores Éticos de 3º e 4º de ESO e de Filosofía do Dereito de 2ºBach achegáronse hoxe a Pontevedra para asistir a un xuízo na Audiencia Provincial e para facer posteriormente unha visita guiada no Museo de Pontevedra. A saída estivo organizada polo departamento de Filosofía e polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG).
Charla sobre autismo en 2ºBach
Enviado por admin o Xov, 12/12/2019 - 13:43Este mércores 11 de decembro o alumnado de Psicoloxía de 2ªBach participou nunha charla sobre Trastorno do Espectro Autista (TEA) organizada polo departamento de Filosofía e impartida por Clara de Macedo e Mónica Álvarez, integrantes da xunta directiva de Un máis, asociación de familias de persoas con TEA do Baixo Miño.
Visita ao Parlamento de Galicia
Enviado por admin o Ven, 04/12/2015 - 11:53O Departamento de Filosofía do centro organizou unha visita ao Parlamento de Galicia e ao Valedor do Pobo para o alumnado de 1º Bacharelato. Terá lugar o luns 14 de decembro.
Mesa redonda
Enviado por admin o Lun, 18/05/2015 - 11:29O departamento de Filosofía organizou unha mesa redonda co gallo das eleccións municipais, á que foron invitadas todas as formacións políticas que se presentan na nosa localidade. Terá lugar o mércores 20 ás 17 horas no IES Auga da Laxe.
No seguinte enlace podes ler a nova completa no Faro de Vigo.
