Curso 2018-2019

Datas e horario dos exames de setembro

Velaquí queda o calendario e horario das probas extraordinarias de setembro e as datas de entrega de cualificacións.

Intercambio co Otto-Hahn-Gymnasium de Nagold (Alemaña)

Hoxe regresa a Gondomar o alumnado que participou ao longo desta última semana nun intercambio en Alemaña. Nestes últimos días, ademais de participar nun xogo de busca por Nagold e en diferentes actividades de convivencia coas familias de acollida, visitaron o castelo da vila, o Museo do Chocolate e a cidade universitaria de Tubinga, onde deron un paseo en barca polo río Neckar.

Noraboa para o noso alumnado nas ABAU

Parabéns a todo o noso alumnado polos bos resultados nas ABAU (selectividade).

Saída a Mogor

Na nosa páxina en Facebook están colgadas as imaxes da saída do pasado xoves á praia con visita aos petróglifos de Mogor e ao seu centro de interpretación.

Despedida do curso

Hoxe despedimos co noso alumnado o curso 2018-2019. Foi unha mañá intensa de actividades: finais dos torneos de futbito e xadrez, obradoiro de papiroflexia coas profesoras do departamento de Matemáticas, entrega de diplomas e mencións especiais, concerto do alumnado de 2°Bach baixo a dirección do profesor Sergio Álvarez e espectáculo de canto e danza con Martina Briones e Andrea Blanco, alumnas de 4°ESO.

Excursión ás Illas Cies

A Federación de ANPAs do Val Miñor( FAVALMI) organizará o vindeiro 14 de setembro de 2019 unha excursión ás Illas
Distribuir contido