Intercambio co Otto-Hahn-Gymnasium de Nagold (Alemaña)

Hoxe regresa a Gondomar o alumnado que participou ao longo desta última semana nun intercambio en Alemaña. Nestes últimos días, ademais de participar nun xogo de busca por Nagold e en diferentes actividades de convivencia coas familias de acollida, visitaron o castelo da vila, o Museo do Chocolate e a cidade universitaria de Tubinga, onde deron un paseo en barca polo río Neckar. Hoxe pasan a mañá en Estrasburgo antes de coller o voo de regreso.
Remata así o intercambio co Otto-Hahn Gymnasium de Nagold, que vai xa pola sétima edición.