Información
Libros de texto para o curso 2023-2024
Enviado por admin o Lun, 10/07/2023 - 11:26 Nesta ligazón tedes a relación de libros de texto para o curso 2023-2024.
Matrícula curso 2023/24
Enviado por admin o Mar, 27/06/2023 - 11:13 O período de matrícula abrangue desde o 21 de xuño ao 7 de xullo.
BACHARELATO
Do 21 ao 30 de xuño terá preferencia o alumnado que desexe facer a matrícula en Bacharelato ou en 4º da ESO. O alumnado de bacharelato ten, nesta ligazón, os impresos para a matrícula. Tamén teñen, nesta outra, a solicitude de transporte.
ESO
Do 3 ao 7 de xullo, terá preferencia o alumnado que desexe facer a matrícula en 1º, 2º ou 3º da ESO. O alumnado de ESO ten, nesta ligazón, os impresos para a matrícula. Tamén teñen, nesta outra ligazón, a solicitude de transporte se desexan utilizar o do IES Terra de Turonio
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024
Enviado por admin o Lun, 06/03/2023 - 12:27
Toda a información sobre a admisión do alumnado para o próximo curso 2023/2024: principais novidades, prazas vacantes, lexislación aplicable, calendario,
documentación, formularios.
PRINCIPAIS NOVIDADES
.- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, na aplicación informática admisiónalumnado
.- As solicitudes deberán estar asinadas polos dous proxenitores
PRAZAS VACANTES
Número de prazas vacantes para o curso 2023/2024
CURSO |
PRAZAS |
1º ESO |
23 |
2º ESO |
3 |
3º ESO |
13 |
4º ESO |
21 |
1º Bach. Ciencias |
8 |
1º Bach. Humanidades e CC. SS |
10 |
2º Bach. Ciencias |
13 |
2º Bach. Humanidades e CC. SS |
14 |
LEXISLACIÓN
CALENDARIO
.- Prazo de presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo
.- Prazo de presentación da documentación no suposto de baremación: 10 días hábiles contados a partir do día 20 de marzo
.- Prazo de publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: o 25 de abril
.- Prazo de publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos: o 15 de maio
.- Prazo para formalizar a matrícula: do 23 de xuño ao 7 de xullo
WEB ADMISIÓN
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
Formulario solicitude de admisión
Fotocopia DNI da/o alumna/o se o ten
Certificado de matrícula do curso actual
Calquera outra documentación xustificativa da situación familiar (separación, divorcio, falecemento, etc)
MÁSCARAS PARA O ALUMNADO DE ESO
Enviado por admin o Lun, 16/11/2020 - 11:25O venres día 13 de novembro publicáronse no DOG as instrucións para que os centros proporcionen máscaras hixiénicas ao alumnado da ESO (Criterios de distribución de máscaras entre o alumnado da ESO) segundo os seguintes criterios:
a) Se solicitou libros do fondo solidario, esa mesma aplicación determinará se lle corresponde recibir as máscaras, logo non deberá facer ningún trámite.
b) Se non solicitou libros do fondo solidario e no seu núcleo familiar a renda per cápita e igual ou inferior a 6.000 euros, poderá solicitar a adxudicación de máscaras na secretaría do centro, antes do 27 de novembro.
As máscaras repartiranse despois do 27 de novembro.
50 das máscaras foron doadas por Paula Bouzós, as restantes serán adquiridas con cargo aos orzamentos do centro.
FP DUAL
Enviado por admin o Xov, 18/06/2020 - 20:55Nos vindeiros días será publicada a oferta educativa de FP en todas as modalidades así como a oferta de FP DUAL. Para dar a coñocer esta oferta, os próximos días 23 e 25 de xuño en franxa horaria de mañá e tarde realizaranse unhas xornadas divulgativas por videoconferencia da oferta educativa dos ciclos de FP Dual que se realizan na área de Vigo e sur de Pontevedra, explicando como se desenvolverán, con que empresas e respostando as dúbidas que poidan xurdir.
MODELOS DE EXAME PARA AS ABAU 2020
Enviado por admin o Mar, 28/04/2020 - 11:47