Dinamarca
Intercambio co Viby Gymnasium de Aarhus
Enviado por admin o Mar, 12/03/2019 - 18:22Os alumnos e alumnas de 2ºBach que se atopan estes días en Dinamarca participando no intercambio co Viby Gymnasium están a desfrutar de diferentes actividades: traballo en grupos, convivencia coas familias, xogos e algunhas excursións e visitas, como a que lles permitiu coñecer a cidade de Aarhus e a Den Gamle By, ou Cidade Vella, un museo ao aire libre con máis de setenta edificios históricos. Unha experiencia estupenda!
Intercambio con Dinamarca
Enviado por admin o Xov, 07/03/2019 - 11:35Este xoves 7 de marzo saíron de viaxe cara a Dinamarca dezanove alumnos e alumnas de 2ºBach, acompañados por dúas profesoras, para participar na segunda parte do intercambio que organiza o Departamento de Inglés co instituto Viby Gymnasium de Aarhus.
