Física e Química

Visita á Universidade de Vigo

O mércores 18 o alumnado de 1ºBach-A e 1ºBach-B achegouse ata o campus da Universidade de Vigo para visitar as facultades de Ciencias do Mar, Química e Bioloxía, onde asistiron a charlas informativas sobre os graos que se imparten nelas: contidos, materias, saídas laborais... Ademais, nas facultades de Química e de Bioloxía visitaron os laboratorios e puideron asistir a algunha práctica.

Museo científico

 

O martes 19 de xaneiro do 2016 visitará o noso centro o Museo Científico, co fin de amosar ao alumnado de 1º Bacharelato fenómenos físicos na vida cotiá. A actividade foi organizada polo departamento de Física e Química.

Distribuir contido