Visita á Universidade de Vigo

O mércores 18 o alumnado de 1ºBach-A e 1ºBach-B achegouse ata o campus da Universidade de Vigo para visitar as facultades de Ciencias do Mar, Química e Bioloxía, onde asistiron a charlas informativas sobre os graos que se imparten nelas: contidos, materias, saídas laborais... Ademais, nas facultades de Química e de Bioloxía visitaron os laboratorios e puideron asistir a algunha práctica. A actividade estivo organizada polo departamento de Física e Química.