Solicitudes de admisión curso 2021/2022
Enviado por admin o Mar, 23/02/2021 - 12:56Toda a información sobre a admisión do alumnado para o próximo curso 2021/22: principais novidades, lexislación, calendario, documentación, formularios irase poñendo nesta páxina web a medida que vaia saíndo.
As solicitudes presentaranse a través da páxina web, admisión alumnado ou ben presencialmente cubrindo o formulario solicitude de admisión.
PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS
Enviado por admin o Xov, 11/02/2021 - 11:54GRAO MEDIO
- Inscrición do 15 ao 26 de marzo, ambos os dous incluídos.
- Realización da proba o 27 de maio.
GRAO SUPERIOR
- Inscrición do 18 de febreiro ao 3 de marzo, ambos os dous incluídos.
- Realización da proba o 15 de abril.
AVISO NOVA NORMATIVA
Enviado por admin o Sáb, 07/11/2020 - 12:05A evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria en Galicia provocou a necesidade, por parte das autoridades, da adopción de novas medidas de prevención da COVID-19 que se recollen na Orde do 4 de novembro de 2020.
Segundo o Anexo II de dita orde, que afecta a concellos como o de Gondomar, "A práctica de actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, pode realizarse de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, sempre que, neste último caso, as persoas do grupo sexan conviventes...".
Xa que logo, a Dirección do centro decide que:
-
Non se permitirá xogar ao pimpón, fútbol, baloncesto e demais deportes de contacto físico durante os recreos.
-
Sempre que non chova e salvo excepcións, todo o alumnado ten que estar no exterior durante os recreos, mantendo as medidas de seguridade.
-
Á saída de clases debemos evitar aglomeracións fóra do recinto escolar, polo que o alumnado que vai no transporte escolar ten que subir rápido aos buses e os demais dirixirse aos seus domicilios.
-
Recórdase que nos buses o alumnado ten que sentar no posto que ten asignado para todo o curso para poder establecer correctamente a rede de contactos estreitos.
Estas normas rexerán ata novo aviso.
NOVIDADES CURSO 2020-2021
Enviado por admin o Mar, 22/09/2020 - 15:24NORABOA
Enviado por admin o Lun, 01/02/2021 - 20:58Parabéns ao noso alumno de 1° de bacharelato Josué Troncoso Campos que obtivo unha Mención de Honra na Olimpíada Matemática Galega 2021.
TRANSPORTE ESCOLAR
Enviado por admin o Dom, 10/01/2021 - 12:26A consecuencia dos novos contratos de transporte público de Galicia, catro das cinco rutas do transporte escolar que afectan ao noso centro pasan a ser atendidas a través do servizo de transporte integrado. A empresa adxudicataria que se fai cargo da súa prestación é UTE XG-883.
Aínda que as paradas e os horarios son os mesmos, pode consultalos no documento adxunto.
