Sen biodiversidade non hai vida

Desde o xoves 21 de xaneiro e ata a segunda semana de febreiro está no instituto a exposición Sen biodiversidade non hai vida de Ecoloxistas en acción. Os paneis mostran a importancia fundamental do mantemento da biodiversidade e as ameazas ás que está exposta pola actividade humana, destacando ente elas o cambio climático e a contaminación.

Exposición Eu son UVigo!

Durante as próximas semanas o alumnado do noso instituto poderá desfrutar da exposición Eu son UVigo!,  unha mostra itinerante que ten como propósito amosarlle á sociedade perfís de persoas que estudaron na Universidade de Vigo ou que actualmente investigan nesta institución e que teñen recoñecido éxito en ámbitos de interese para o alumnado de Secundaria e de Bacharelato.

Programa de meditación-mindfulness para alumnado de bacharelato

Ao longo da semana do 17 de xaneiro todo o alumnado de bacharelato realizará nas aulas unha sesión de iniciación á meditación-mindfulness co obxectivo de que adquira ferramentas e estratexias que lle axuden a mellorar a concentración e a capacidade de relaxación e a reducir os niveis de estrés e ansiedade, para así conseguir un maior aproveitamento das clases.

No Club da Igualdade de xaneiro, falamos da prostitución

Este próximo luns 17 de xaneiro, de 15:30h a 16:45h no salón de actos, teremos unha nova sesión do Club da Igualdade na que falaremos da prostitución. Contaremos coa presenza de Hafdallah Menni El Ouali, membro da ONG ACCEM, que traballa polos dereitos das persoas en situación de vulnerabilidade.

Actividade de Espazo Lectura para o mes de xaneiro

Este é o calendario de actividades de Espazo Lectura para o mes de xaneiro de 2022.
O instituto é socio protector da asociación do Val Miñor para o fomento e animación da lectura en lingua galega.

Distribuir contido