Programación de novembro de Espazo Lectura

O instituto é socio protector de Espazo Lectura, a asociación do Val Miñor dedicada ao fomento e animación da lectura en lingua galega.
Velaquí queda o programa de actividade de novembro de 2022.

 

No Club da Igualdade, falamos de racismo

O próximo luns 24 de outubro, ás 15.30h no salón de actos, teremos a primeira sesión deste curso do Club da Igualdade. Nela, falaremos de racismo e xenofobia a partir do máis cercano, dos prexuízos e estereotipos absurdos instalados entre nós. Para iso, contaremos coa presenza de Yosi Ledesma, de ACCEM e haberá tamén participación de alumnado do centro.

Axudas para libros de texto e material escolar

Convócanse as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial para o curso 2024/2025.

O prazo é dende o 21/05/2024 ata o 21/06/2024 (incluídos).

Poden acceder a toda a información na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Listaxes admisión alumnado

Foron admitidas todas as solicitudes de praza para o curso 2024/25, agás para 1º ESO. Neste curso foi necesario baremar debido a que recibimos máis solicitudes que as vacantes dispoñibles. Polo tanto, publícase no taboleiro interior do centro a seguinte información:

O IES Auga da Laxe comeza o curso cun novo recorte de profesorado

O IES Auga da Laxe de Gondomar afronta o curso 2022-23 cun profesor menos que o ano pasado

Distribuir contido