No Club da Igualdade, falamos de amores que matan

O luns 30 de xaneiro ás 15:30h temos a sesión mensual do Club da IgualdadeNesta ocasión falaremos de violencia machista a partir da proxección e comentario de diferentes materiais. Logo destas últimas semanas, que foron especialmente duras en canto a agresións contra as mulleres, cremos que desde os centros educativos debemos seguir falando deste tema e convidando o noso alumnado a reflexionar e a actuar para mudar a situación.