Curso 2016-2017
Folga transporte
Enviado por admin o Lun, 19/06/2017 - 14:29
Informámolos que debido á folga de transporte convocada polos sindicatos: UGT, CCOO e CIG para o martes e mércores 20 e 21 de xuño, non podemos garantir que os autobuses recollan aos alumnos/as nas paradas establecidas. Polo que deberán facerse responsables do desprazamento dos seus fillos/as ao centro.
Dado que estes días estamos facendo exames e probas finais no instituto, pregamos a súa colaboración para que se poida seguir o calendario previsto con normalidade.
Consultade a páxina web do instituto, por se se desconvocase a folga a última hora.
ÁBRESE O PRAZO PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA DO IES AUGA DA LAXE DE GONDOMAR
Enviado por admin o Xov, 15/06/2017 - 10:30
ANUNCIO
Calendario de avaliacións e de fin de curso
Enviado por admin o Xov, 18/05/2017 - 10:31 No arquivo adxunto poñemos o calendario de avaliacións dos diferentes cursos da ESO e de 1º de Bacharelato, así como as datas máis importantes do final de curso.
Campionato de robótica na EEI de Vigo
Enviado por xpomvid o Xov, 04/05/2017 - 14:00Os equipos do IES Auga da Laxe JANAX Team de 1º de Bacharelato formado por Javier Comesaña, Alex Torres, Nicolás Yagüe e Ángel Carrera e Excalibur de 2º da ESO de Noa Hermida, Manuel Loureiro, Sara Denís e Lucía Domínguez obtiveron o 2º e 4º posto nas súas respectivas categorías.
CALENDARIO DE EXAMES MATERIAS PENDENTES
Enviado por admin o Ven, 21/04/2017 - 14:24Calendario de exames de materias pendentes para o alumnado de ESO e Bacharelato nos arquivos adxuntos.
Charlas informativas para 2º de bacharelato
Enviado por admin o Mar, 11/04/2017 - 20:18Para 2º de bacharelato, charlas informativas sobre a ABAU (a proba de acceso á universidade) e a oferta educativa da Universidade de Santiago de Compostela.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
