Campionato de robótica na EEI de Vigo

Os equipos do IES Auga da Laxe JANAX Team de 1º de Bacharelato formado     por Javier Comesaña, Alex Torres, Nicolás Yagüe e Ángel Carrera e Excalibur    de 2º da ESO de Noa Hermida, Manuel Loureiro, Sara Denís e Lucía Domínguez   obtiveron o 2º e 4º posto nas súas respectivas categorías. Debemos lembrar     que este torneo é a nivel de Galicia con mais de 150 equipos que participaron provintes de todos os recunchos da nosa Comunidade Autónoma.

Parabéns a JANAX Team pola súa magnífica actuación ao acadar o 2º posto na categoría de bacharelato e ao equipo Excalibur polo 4º posto acadado na categoría de 1º e 2º da ESO e tamén por lograr o mellor tempo de toda a competición na proba do barrendeiro.