FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Enviado por admin o Mar, 26/07/2022 - 13:22Están publicadas nos taboleiros do instituto as listaxes definitivas de alumnado beneficiado nas axudas de material e libros de texto.
Para o alumnado de 1º e 3º ESO, que teñen libros novos, será o propio centro o que fará a compra dos libros en función do cheque autorizado. Así, se os libros concedidos fosen 4, tanto en 1º como en 3º os libros que mercará o centro serán os de Lingua Castelá, Lingua Galega, Xeografía e Historia e Matemáticas. O resto serán adquiridos polas familias. Se os libros concedidos fosen 6, en 1º engadiríanse Bioloxía- Xeoloxía e Inglés; en 3º ESO serían Bioloxía-Xeoloxía e Física e Química.
No DOG do día 18 de maio de 2022, publícase a ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.
O prazo remata o día 22 de xuño de 2022 incluído.
Como novidade, no artigo 9.3. se establece que "As solicitudes presentaranse preferiblemente por via electrónica na aplicación informática fondolibros https://www.edu.xunta.es/fondolibros" ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Máis información na páxina web www.edu.xunta.es
Libros de texto para o curso 2022-2023
Enviado por admin o Ven, 08/07/2022 - 09:27 Nesta ligazón tedes a relación de libros de texto para o curso 2022-2023.
Horario de verán
Enviado por admin o Dom, 03/07/2022 - 11:10Horario de verán 2022:
- Do 1 ao 8 de xullo: de 09:30h a 14:30h
- Día 11 de xullo: pechado por festivo local
- Do 12 ao 29 de xullo: de 09:30h a 13:30h
- Agosto: atención telefónica de 10:00h a 13:00h, só para asuntos urxentes, no número
886 110 209
Matrícula curso 2022/23
Enviado por admin o Xov, 30/06/2022 - 18:53 O período de matrícula abrangue desde o 27 de xuño ao 8 de xullo.
BACHARELATO
Na semana do 27 de xuño ao 1 de xullo terá preferencia o alumnado que desexe facer a matrícula en Bacharelato ou en 4º da ESO. O alumnado de bacharelato ten, nesta ligazón, os impresos para a matrícula. Tamén teñen, nesta outra, a solicitude de transporte.
ESO
Na semana do 4 ao 8 de xullo, terá preferencia o alumnado que desexe facer a matrícula en 1º, 2º ou 3º da ESO. O alumnado de ESO ten, nesta ligazón, os impresos para a matrícula. Tamén teñen, nesta outra ligazón, a solicitude de transporte se desexan utilizar o do IES Terra de Turonio
Entrega de boletíns de notas do curso 21-22
Enviado por admin o Dom, 26/06/2022 - 20:52Viaxe de fin de curso de 4º ESO a Allariz
Enviado por admin o Dom, 19/06/2022 - 09:48O alumnado de 4º ESO realizará desde o próximo venres 24 de xuño e ata o martes 28 unha viaxe de convivencia de final de etapa.
