Celebramos o Día de Rosalía 2023
Enviado por admin o Mar, 21/02/2023 - 13:01Este próximo xoves 23 de febreiro o IES Auga da Laxe celebrará o Día de Rosalía 2023 cun acto que se desenvolverá de 11:30h a 12:00h, aproximadamente, na Praza Rosalía de Castro e que conta coa colaboración do Concello de Gondomar.
Entroido 2023
Enviado por admin o Xov, 16/02/2023 - 17:24
Non á violencia machista
Enviado por admin o Lun, 06/02/2023 - 18:46Desde a comunidade educativa do IES Auga da Laxe queremos manifestar a nosa repulsa e a nosa firme condena polo asasinato machista de Beatriz Lijó Gesteira, exalumna do noso centro.
Admisión de alumnado para o curso 2023- 2024
Enviado por admin o Xov, 02/02/2023 - 23:34Está aberto o proceso de admisión de alumnado para o curso 2023-2024, cos seguintes prazos:
- Ata o 6 de febreiro, reserva de praza para o alumnado dos centros adscritos (CEIP Chano Piñeiro para 1ºESO e IES Terra de Turonio para 1ºBach). As solicitudes poden presentarse de xeito telemático ou presencialmente nos centros de orixe.
Concerto pro-viaxe de 4ºESO a Madrid
Enviado por admin o Xov, 02/02/2023 - 23:32O venres 3 de febreiro ás 20:00h celebrarase no instituto un concerto aberto ao público co obxectivo de recadar fondos de axuda para financiar a viaxe de fin de etapa do alumnado de 4ºESO a Madrid. No concerto actuarán o grupo de música de 4ºESO e tamén Los Afrancesados, un dos grupos residentes dos obradoiros de música que funcionan no instituto baixo a coordinación do profesor Sergio Álvarez.
No Club da Igualdade, falamos de amores que matan
Enviado por admin o Lun, 30/01/2023 - 00:35O luns 30 de xaneiro ás 15:30h temos a sesión mensual do Club da Igualdade. Nesta ocasión falaremos de violencia machista a partir da proxección e comentario de diferentes materiais.
