Despedida ao noso alumnado de 2º de bacharelato

Velaquí quedan unhas imaxes da agradable despedida do pasado venres ao noso alumnado de 2º de bacharelato. No acto falaron o profesor Anxo Iglesias e a directora Mar Platero quen entregou diplomas e mencións de honra aos recen graduados. E coma non, para rematar, uns petiscos preparados por Susi na cafetaría do centro. Grazas polo bo ambiente e moita sorte para todo o que veña.

Calendario e horario das probas extraordinarias de 2º de bacharelato

Preme nesta ligazón  para descargar o calendario e horario das probas extraordinarias de 2º de bacharelato.

 

Premio de innovación educativa

Felicitacións para a profesora Noemí Fernández Sampayo porque o xurado do VII Premio de Innovación Educativa convocado por Escola Viva outorgoulle o primeiro premio polo seu traballo 'Wiki de Matemáticas'. 
»

Actividades do departamento de Matemáticas

O pasado 16 de maio entregáronse os premios das diferentes actividades que organizou o departamento de Matemáticas nestas últimas semanas. Por unha banda, no campionato de cálculo mental resultou gañador Javier González na categoría de 1º e 2ºESO, logo dunha final moi igualada con Lucía González, mentres que na categoría de 3º e 4ºESO o gañador foi Xián Gayoso, vencedor en todas as partidas xogadas.

Charla sobre as ABAU

O mércores 22 de maio, contra as 10:30, Cristina Álvarez, orientadora de bacharelato, ofrecerá unha charla ao alumnado de 2º de bacharelato sobre a mellor maneira de afrontar a preparación e realización das ABAU. 
»

Fondo solidario de libros de texto e material escolar

No DOG do día 20 de maio de 2019, publícase a ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20.

O prazo remata o día 21 de xuño de 2019 incluído.

Como novidade, no artigo 10.3. se establece que "As solicitudes presentaranse preferiblemente por via electrónica na aplicación informática fondolibros https://www.edu.xunta.es/fondolibros"

Máis información na páxina web www.edu.xunta.es 

 

Distribuir contido