Comezo do curso 2023-2024
O próximo luns 11 de setembro darán comezo as actividades lectivas do curso 2023-2024 de acordo co seguinte horario:

- Entrada ESO: 09:30h
- Entrada Bacharelato: 09:45h
Ata as 11:10h, acollida e presentación dos grupos coas persoas titoras.
A partir das 11:10h, todo o alumnado terá clase ata as 15:00h e pola tarde de 17:00h a 18:40h.
O transporte escolar funcionará cos horarios habituais desde o día 11. Con todo, débese ter en conta que os primeiros días é habitual que haxa problemas de axustes nas prazas, sobre todo co alumnado de Bacharelato, polo que agradecemos que as familias estean pendentes por se se producise algunha incidencia.
Desde o IES Auga da Laxe dámoslle a benvida a todo o alumnado e ás súas familias.