Novas
Fondo solidario de libros de texto e material escolar
Enviado por admin o Xov, 28/05/2020 - 10:23No DOG do día 19 de maio de 2020, publícase a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.
O prazo remata o día 19 de xuño de 2020 incluído.
Como novidade, no artigo 10.3. se establece que "As solicitudes presentaranse preferiblemente por via electrónica na aplicación informática fondolibros https://www.edu.xunta.es/fondolibros" ou a través da sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Máis información na páxina web www.edu.xunta.es
O venres 2 de novembro é día non lectivo.
Enviado por admin o Mér, 31/10/2018 - 11:49
Lembrámoslle á comunidade educativa que no noso centro o venres 2 de novembro é día non lectivo.
