PREMIO PARA O CLUB DA IGUALDADE
Enviado por admin o Sáb, 19/12/2020 - 22:21Este sábado 19 de decembro tivo lugar en Pontevedra o acto de entrega dos IV Premios Xuventude da Deputación de Pontevedra, convocatoria na que o IES Auga da Laxe resultou gañador do 1º premio na modalidade de Educación en valores polo proxecto do Club da Igualdade, desenvolvido no curso 2019-2020. O galardón, dotado con 2.000 euros e unha peza escultórica realizada pola Escola de Cantería de Poio-Pontevedra, recoñece as actividades desenvolvidas o curso pasado baixo o lema "No IES Auga da Laxe respectamos a diversidade e traballamos pola igualdade", nas que participou profesorado, alumnado e tamén moitas familias e que tiveron como acto central a proposta "Imos de voda!", celebrada no instituto o 14 de febreiro e que contou coa colaboración da ANPA. Desde o instituto queremos agradecerlle á Deputación de Pontevedra este recoñecemento e transmitirlle tamén os nosos parabéns ao IES Illa de Ons, de Bueu, e ao IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño, gañadores do 2º e do 3º premio respectivamente.
ENSINANZAS COFINANCIADAS POLO FONDO FONDO SOCIAL EUROPEO
Enviado por admin o Mér, 11/11/2020 - 14:07As ensinanzas de PMAR e a Iniciativa ARCO están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo
INSTRUCIÓNS PARA A ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19
Enviado por admin o Mar, 08/09/2020 - 11:13PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 PARA O CURSO 2020-2021
Enviado por admin o Ven, 24/07/2020 - 12:31Neste enlace tedes acceso ao PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE
DEMANDAS DO CLAUSTRO PARA O CURSO 2020-2021
Enviado por admin o Mér, 15/07/2020 - 08:55En reunión extaordinaria do 3 de xullo, o claustro do IES Auga da Laxe aprobou enviar á Consellería de Educación o escrito que figura no arquivo adxunto.
