Non á violencia machista
Enviado por admin o Lun, 06/02/2023 - 17:46
Desde a comunidade educativa do IES Auga da Laxe queremos manifestar a nosa repulsa e a nosa firme condena polo asasinato machista de Beatriz Lijó Gesteira, exalumna do noso centro. Transmitímoslle á familia todo o noso apoio e solidariedade e reiteramos publicamente o noso compromiso de seguir traballando co obxectivo de educar e sensibilizar desde as aulas contra todas as formas de violencia machista, un camiño necesario no que debe facer fronte común toda a sociedade e no que a educación é unha ferramenta fundamental.