Concerto pro-viaxe de 4ºESO a Madrid

O venres 3 de febreiro ás 20:00h celebrarase no instituto un concerto aberto ao público co obxectivo de recadar fondos de axuda para financiar a viaxe de fin de etapa do alumnado de 4ºESO a Madrid. No concerto actuarán o grupo de música de 4ºESO e tamén Los Afrancesados, un dos grupos residentes dos obradoiros de música que funcionan no instituto baixo a coordinación do profesor Sergio Álvarez.

As entradas-doazón custan 5 euros e poden adquirirse no acceso ao instituto desde media hora antes do concerto. O evento está aberto a toda a comunidade educativa e a todo o público que queira coñecer o traballo que se fai desde as aulas de Música do instituto e, ao mesmo, colaborar co alumnado de 4ºESO no financiamento da súa viaxe de fin de etapa a Madrid, que se realizará no mes de marzo.