Enquisas prematrícula para o curso 2023-2024

Nestes días vanse facer unhas enquisas de prematrícula para coñecer as preferencias do alumnado de cara ao próximo curso 2023-2024 canto ás materias que desexan cursar. O alumnado da ESO cubrirá estas enquisas no centroo alumnado de 1º Bach. farao desde as súas casas entrando na ligazón desta páxina web.

Trátase dunha enquisa informativa: as decisións definitivas sobre as materias que o alumnado quere cursar serán as que se reflictan na súa matrícula. Non obstante, o centro non pode ofertar na matrícula todas as materias e combinacións de materias posibles, polo que as preferencias manifestadas na enquisa de prematrícula poden condicionar as materias e combinacións de materias que se ofrezan finalmente na matrícula. Polo tanto, é importante que as enquisas sexan cubertas de forma moi meditada. Pregámosvos que faledes cos vosos fillos ao respecto. 

Neste documento atópanse as materias que o alumnado pode escoller nos distintos niveis. O departamento de Orientación informou xa ao alumnado da ESO sobre estas posibilidades.
O alumnado de 1º Bach. será informado das súas opcións de escolla cara a 2º Bach. ao longo desta semana e, posteriormente, poderá cubrir a enquisa ata o martes 13 de xuño (incluído).