Curso 2018-2019

Parabéns, Martina!

Moitísimos parabéns a Martina Briones, alumna de 4ºESO-A, que conseguiu unha das bolsas de estudos da Fundación Amancio Ortega para facer o ano que vén o equivalente a 1ºBach en Ontario, Canadá. Desde o instituto desexámoslle moita sorte nesta experiencia, que estamos seguros de que resultará moi proveitosa e enriquecedora.

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras

Na Orde do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG do 20/02/2019), co rogo da súa divulgación entre a comunidade educativa do seu centro.

Adíase o campionato de cálculo mental

Aprázase o campionato de cálculo mental para o xoves 2 de maio por cuestións organizativas, polo que se mantén aberto o período de inscricións.

Concurso de Fotografía Matemática

 O departamento de Matemáticas coa colaboración do Equipo de Dinamización Lingüística organiza o Concurso de Fotografía Matemática que se vai rexer segundo as seguintes bases:

BASES

Xornada de atletismo de 1º de ESO

Xornada conxunta co IES Terras de Turonio de atletismo de 1º de ESO nas instalacións da Universidade de Vigo.

Formación sobre atención a urxencias sanitarias para familias

A Consellería ofrece ás familias a posibiidade de asistir a unha formación de 9 horas sobre atención a urxencias sanitarias, que
Distribuir contido