ANPA

Excursión ás Illas Cies

A Federación de ANPAs do Val Miñor( FAVALMI) organizará o vindeiro 14 de setembro de 2019 unha excursión ás Illas

Asemblea sobre o transporte no Val Miñor

Mañá, mércores, 21 de febreiro, ás 19:00 horas no CPI Arquitecto Palacios en Panxón (Nigrán) e organizado por FAVALMI (a Federación de ANPAS do Val Miñor) terá lugar unha asemblea aberta a todas as familias para tratar os problemas do transporte no Val Miñor e as dificultades derivadas como que o alumnado poida elixir a formación que desexa sen que supoña un custo excesivo para as familias. 

Charla sobre o TDAH

O vindeiro luns 18 de febreiro de 2019 as 18:45 horas, haberá unha charla no salón de actos do IES Auga da Laxe impartida por María Estela Portillo Encina, coordinadora e psicóloga de Anhida, e Ricardo García Díaz, presidente de Anhida, onde falarán do TDAH (Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade) e coñeceremos en que consiste. A ANPA As Gaiandas convídanos a participar.

Charla de Carlos Spuch no Terra de Turonio

O vindeiro martes 12 de Febreiro de 2019 as 19:00 horas, haberá unha charla no IES Terra de Turonio impartida polo neurocientífico Carlos Spuch, onde falará de “Como os nosos hábitos afectan ao cerebro”.
»

Distribuir contido