Curso 2019-2020

Inauguración e presentación do curso 2019-2020

A inauguración e presentación do curso 2019-2020 será o próximo luns 16 de setembro, tanto para ESO como para bacharelato, de 11:00 a 12:00.

Becas e axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

O Ministerio de Educación vén de convocar as becas e axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. 
Toda a información está aquí.

Becas Bacharelato e NEE 2019/20

     O BOE publicou o 31 de xullo de 2019, a convocatoria de becas para o alumnado de estudios           postobrigatorios (bacharelato).

 

    Tedes toda a información premendo aquí.

 

 Así mesmo, o Ministerio de Educación vén de convocar as becas e axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Toda a información está premendo aquí.

Composición da nova directiva para o curso 2019-2020

A nova directiva do instituto está formada por:

- Directora: Dona Inmaculada González Álvarez
- Xefa de estudos: Dona Begoña Recondo Burgo
- Secretaria: Dona Belén García Fernández
- Vicedirectora: Dona Araceli González Andrade

Información matrícula curso 2019/20

 

O período ordinario de matrícula abrangue desde o 21 de xuño ao 10 de xullo para o alumnado que teña todas as materias aprobadas e para os que estean autorizados a facelo.

O período extraordinario de matrícula é desde o 1 ao 10 de setembro para o resto do alumnado.

Os impresos de matrícula están nos arquivos adxuntos. Se a alumna ou alumno vai a facer uso do transporte escolar do IES Terra de Turonio, deberá cubrir o impreso de transporte.

Fondo solidario de libros de texto e material escolar

No DOG do día 20 de maio de 2019, publícase a ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20.

O prazo remata o día 21 de xuño de 2019 incluído.

Como novidade, no artigo 10.3. se establece que "As solicitudes presentaranse preferiblemente por via electrónica na aplicación informática fondolibros https://www.edu.xunta.es/fondolibros"

Máis información na páxina web www.edu.xunta.es 

 

Distribuir contido