Curso 2019-2020

Para gustos, cores, amores. Xoves.

Hoxe no recreo, dentro da actividade "Para gustos, cores, amores", realizouse a performance "O amor é" a cargo de alumnado de 2°, 3°, 4° de ESO e 1°Bach.

Preparado o photocall para o venres 14

Xa está o photocall preparado para o venres!

Para gustos, cores, amores. Mércores.

Continuando coas actividades da proposta "Para gustos, cores, amores", hoxe no recreo escoitamos poemas de temática amorosa de Rosalía de Castro nas voces das nosas alumnas Noa Hermida, Emma Domínguez, Lucía Domínguez e Carmen Piñeiro. Serviu tamén como pequeno adianto da conmemoración do Día de Rosalía, que se celebra o próximo 24 de febreiro.

Para gustos, cores, amores. Martes.

Dentro da actividade "Para gustos, cores, amores", este martes 11 no recreo, a nosa compañeira de 1ºBach, Andrea Blanco, bailou unha coreografía que preparou a partir da canción "Peces de colores", de Amaral, inspirada na historia de Gabriel, un menor trans de Calatayud que levou adiante unha campaña para defender os dereitos das persoas trans fronte aos prexuízos que seguen vivos na sociedade.

Para gustos, cores, amores. Luns.

Hoxe no recreo lemos o manifesto "Para gustos, cores, amores", no que se recollen os principios desta semana de actividades que imos dedicar ao amor, sen prexuízos e sen etiquetas, desde o respecto á diversidade. Ademais, nas paredes e corredores do instituto pódese atopar unha selección de versos e poemas breves de amor de diferentes autores e autoras, tanto en galego coma en castelán.

Distribuir contido