Participación no programa EduMob

O noso instituto vai solicitar participar no programa EduMob que convoca a Consellería de Educación, un programa de intercambios individuais de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Grand Est (Francia). A proposta vai dirixida a alumnado que vaia estudar 1ºBach no curso 2024-2025, que curse Francés e que cumpra unha serie de requisitos. Deixamos a continuación as ligazóns desde as que se pode acceder á información detallada da convocatoria, ao procedemento e aos criterios de selección, así como á documentación que o alumnado debe presentar:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_edumob_24_25.pdf

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anexos_edumob_24_25.pdf

O prazo para presentar no instituto a solicitude remata o xoves 6 de xuño.