Curso 2019-2020

Concurso de tiros triplos

Dentro das actividades de street basket que organiza o departamento de Educación Física, este mércores 18 celebrouse no patio central do instituto un concurso de tiros triplos, no que resultou gañador Bruno Vázquez Sanz, de 3ºESO-A. O xoves 19 celebrarase a final do torneo de street basket que se estivo disputando nos recreos ao longo destas dúas últimas semanas e no que participaron oito equipos.

Visita á Universidade de Vigo

O mércores 18 o alumnado de 1ºBach-A e 1ºBach-B achegouse ata o campus da Universidade de Vigo para visitar as facultades de Ciencias do Mar, Química e Bioloxía, onde asistiron a charlas informativas sobre os graos que se imparten nelas: contidos, materias, saídas laborais... Ademais, nas facultades de Química e de Bioloxía visitaron os laboratorios e puideron asistir a algunha práctica.

Visita a Unitour e ao Museo Liste

 

Ximnasia acrobática

Despois da sesión teórica de onte veu a práctica de iniciación á ximnasia acrobática con Cristina Castro Rocha do »

Sesión do Club da Igualdade

Este luns 16 de decembro tivemos unha nova sesión do Club da Igualdade, na que vimos e comentamos fragmentos da película "Con amor, Simon", unha proposta realizada por un grupo de alumnas.

Charla da Asociación Española Contra o Cancro

Organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía, charla de voluntarios (médico e psicólogas) da »

Distribuir contido