Concurso de tiros triplos

Dentro das actividades de street basket que organiza o departamento de Educación Física, este mércores 18 celebrouse no patio central do instituto un concurso de tiros triplos, no que resultou gañador Bruno Vázquez Sanz, de 3ºESO-A. O xoves 19 celebrarase a final do torneo de street basket que se estivo disputando nos recreos ao longo destas dúas últimas semanas e no que participaron oito equipos. Finalmente o venres 20 pecharanse estas actividades de baloncesto cun partido entre o equipo de alumnos gañador do torneo e un equipo formado por profesores e profesoras.