Visita a Unitour e ao Museo Liste

 

O martes 17 o alumnado de 1ºBach visitou en Vigo o salón de orientación universitaria Unitour, unha actividade organizada polo departamento de Orientación. Ademais, o alumnado de 1ºBach-C realizou unha visita guiada ao Museo Liste, unha proposta de achegamento á etnografía galega promovida polo departamento de Filosofía desde a materia de Antropoloxía, coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.