blogue deadmin

Nace o Club da Igualdade

Este próximo luns 21 de outubro, de 15:30h a 16:50h, vaise celebrar a primeira sesión do Club da Igualdade, unha iniciativa que imos botar a andar este curso para fomentar a sensibilización, a reflexión e o debate sobre diferentes aspectos relacionados co respecto á diversidade e coa igualdade de dereitos entre as persoas.

PMAR

Os Programas de Mellora da Aprendizaxe e Rendemento (PMAR) que se imparten no centro están cofinanciados polo Fondo Social Europeo da Unión Europea.

Rede educativa galega de apoio LGBT

O pasado 5 de outubro tres profesoras do noso instituto estivemos en Santiago na presentación da Rede educativa galega de apoio LGBT, xunto con máis de 50 docentes de toda Galicia.

Calendario escolar do instituto

Velaquí o calendario escolar do noso instituto, cos días festivos propios do centro e as datas das avaliacións e intercambios, ademais das fixadas polas administracións (festivos e vacacións).
Podes de

Charla coa asociación Arelas

O martes 17 e o mércores 18 de setembro o alumnado de 3º e 4º de ESO e de 1ºBach participou nun encontro con Mónica Rodríguez, secretaria de Arelas, asociación de familias de menores transexuais. Na charla, ademais de falar dos dereitos e da visibilización da realidade trans no ámbito infanto-xuvenil, tivemos a oportunidade de clarificar conceptos e de reflexionar sobre situacións de discriminación e de exclusión social que viven as persoas do colectivo LGTBI.

Charla da asociación Arelas

 Mañá martes 17, contra as 10:20, para 3º e 4º de ESO, e o mércores 18 para 1º de bacharelato, co mesmo horario, charla da asociación Arelas no salón de actos.

Distribuir contido