blogue deadmin

Despedida ao noso alumnado de 2º de bacharelato

Velaquí quedan unhas imaxes da agradable despedida do pasado venres ao noso alumnado de 2º de bacharelato. No acto falaron o profesor Anxo Iglesias e a directora Mar Platero quen entregou diplomas e mencións de honra aos recen graduados. E coma non, para rematar, uns petiscos preparados por Susi na cafetaría do centro. Grazas polo bo ambiente e moita sorte para todo o que veña.

Calendario e horario das probas extraordinarias de 2º de bacharelato

Preme nesta ligazón  para descargar o calendario e horario das probas extraordinarias de 2º de bacharelato.

 

Premio de innovación educativa

Felicitacións para a profesora Noemí Fernández Sampayo porque o xurado do VII Premio de Innovación Educativa convocado por Escola Viva outorgoulle o primeiro premio polo seu traballo 'Wiki de Matemáticas'. 
»

Charla sobre as ABAU

O mércores 22 de maio, contra as 10:30, Cristina Álvarez, orientadora de bacharelato, ofrecerá unha charla ao alumnado de 2º de bacharelato sobre a mellor maneira de afrontar a preparación e realización das ABAU. 
»

Intercambio co Otto-Hahn-Gymnasium de Nagold (Alemaña)

Coa marcha dos estudantes e profesorado do Otto-Hahn-Gymnasium de Nagold (Alemaña) remata a primeira parte deste intercambio que se mantén desde 2013. Os nosos estudantes de 1º de bacharelato visitarán Nagold a última semana de xuño.

Día das Letras 2019

Co gallo do Día das Letras Galegas invitamos ao instituto ao poeta e contador Lois Pérez, premio mellor poema en galego no Certame aRitmar 2018 e autor de Long Play, publicado por Xerais en 2017. Agasallounos cos seus poemas, cancións e historias. Foi un pracer!

Distribuir contido