blogue deadmin

Remata o intercambio con Francia


Logo da xornada libre de convivenvia coas familias do pasado mércores día 1, retomamos as actividades do intercambio que estamos desenvolvendo esta semana con alumnado e profesorado de Vire (Francia). Onte participaron, xunto co noso alumnado, nunha excursión a Santiago de Compostela e, posteriormente, nunha cea compartida no instituto e hoxe están realizando unha visita ás Illas Cíes.

Intercambio con Francia

Xa están en Gondomar os quince estudantes do Collège Saint-Jean Eudes de Vire (Normandía), que participan na segunda parte do intercambio que organiza o departamento de Francés con alumnado de 3º e 4º de ESO do noso instituto. Chegaron o domingo á noite, acompañados por dúas profesoras, e estarán nas casas do noso alumnado ata o próximo sábado.

Concurso de robótica

Terceiro premio na categoría de 3º e 4º da ESO no concurso de robótica da Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo, equipo EXCALIBUR formado por Lucía Domínguez, Noa Hermida, Hugo Rego, Sara Denis e Manuel Loureiro.
»

Excursión de 2º de ESO ao museo Meirande

Excursión de 2º de ESO ao museo Meirande sobre a Batalla de Rande e á illa de San Simón para coñecer a súa historia pasada e recente e as pegadas literarias na obra de Jules Verne desta enseada da ría de Vigo e despois de ler a novela 'Amor de serea' de Jaureguizar. Excursión promovida polo EDLG e o departamento de Lingua e Literatura Galega.

MODIFICACIÓN do calendario de avaliación de materias pendentes

No arquivo adxunto tedes o calendario de exámenes de materias pendentes.

Parabéns, Martina!

Moitísimos parabéns a Martina Briones, alumna de 4ºESO-A, que conseguiu unha das bolsas de estudos da Fundación Amancio Ortega para facer o ano que vén o equivalente a 1ºBach en Ontario, Canadá. Desde o instituto desexámoslle moita sorte nesta experiencia, que estamos seguros de que resultará moi proveitosa e enriquecedora.

Distribuir contido