Remata o intercambio con Francia


Logo da xornada libre de convivenvia coas familias do pasado mércores día 1, retomamos as actividades do intercambio que estamos desenvolvendo esta semana con alumnado e profesorado de Vire (Francia). Onte participaron, xunto co noso alumnado, nunha excursión a Santiago de Compostela e, posteriormente, nunha cea compartida no instituto e hoxe están realizando unha visita ás Illas Cíes. Mañá os quince rapaces e rapazas franceses regresan a Normandía, pechando así esta segunda volta do intercambio que organiza o departamento de Francés e que tivera xa unha primeira parte no mes de marzo, cando viaxou a Vire un grupo de alumnos e alumnas de 3º e 4º ESO do noso instituto, acompañado por dous profesores. Esta actividade forma parte do programa de intercambios que se organiza cada ano no IES Auga da Laxe con diferentes centros educativos de Alemaña, Dinamarca e Francia co obxectivo de coñecer outras culturas e de mellorar a competencia do noso alumnado en linguas estranxeiras.