blogue deadmin

Charla informativa para 2º de bacharelato

O vindeiro mércores 14 de decembro e para o alumnado de 2º de bacharelato haberá unha charla informativa dos estudos que ofrece a »

Saúde e Terra, irmá(n)s!

O alumnado de 4ºESO visita este martes 25 de outubro a cidade de Ourense nunha saída didáctica organizada polo departamento de Lingua Galega e Literatura coa colaboración da ANPA As Gaiandas. De mañá o alumnado visitará a exposición "", que conmemora o centenario do nacemento das Irmandades da Fala (1916-2016), e alí terán que buscar as respostas a unha ficha de preguntas preparada polas súas profesoras, Araceli González e Concha Costas. Ademais, organizados en grupos, os alumnos e alumnas realizarán un percorrido literario pola cidade a través dun xogo de pistas que os achegará a espazos de referencia de autores como Vicente Risco, Otero Pedrayo, Alexandre Bóveda, Lamas Carvajal, Blanco Amor, Carlos Casares... Logo de xantar en Ourense, o grupo desprazarase ata Trasalba, onde farán unha visita guiada á Casa Museo de Otero Pedrayo. Con esta saída vanse ampliar e reforzar moitos dos contidos traballados na materia de Lingua Galega e Literatura neste primeiro trimestre.

Limpeza de ríos

Proxecto Ríos organiza con diferentes entidades unha limpeza s

Convocadas as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2015

No Diario Oficial de Galicia do 23 de febreiro, publícase a Orde do 17 de febreiro de 2015 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2015 

Máis información en www.edu.xunta.es/fp/probas-acceso-convocatoria-2015

 

Vídeo da viaxe a Londres e París.

Xa está colgado en Youtube o vídeo da viaxe a Londres e París.

A actividade foi organizada polo departamento de francés para o alumnado da materia en 4º de ESO e 1º de bacharelato. Realizouse entre os días 19 e 25 de marzo.

Distribuir contido