blogue deadmin

Nicolás Yagüe Novoa, entre os mellores expedientes de Galicia

Hoxe, mércores catro de xullo, na Universi

Alumnado de 1º de bacharelato participa nun intercambio con Alemaña

Desde o pasado 22 de xuño vinte e catro alumnas e alumnos de 1ºBach do IES Auga da Laxe, acompañados de dúas profesoras, están en Nagold (Alemaña) participando na segunda parte dun intercambio que inclúe, ademais da convivencia coa familia de acollida, actividades e visitas na propia vila de Nagold, asistencia a clases no instituto alemán co que se realiza o intercambio, un obradoiro para facer brezeln (un tipo de pan lixeiramente salgado), visitas ao Museo do Chocolate en Waldenbuch ou ao Museo da Mercedes e excursións á cidade de Stuttgar

Resultados das ABAU: pleno de aprobados

Parabéns a todo o noso alumnado de 2º de bacharelato (e ao seu profesorado) polas boas cualificacións obtidas nas ABAU, as probas de acceso á universidade ou selectividade. 
Noraboa!

Primeira xornada de portas abertas da Facultade de Informática da Universidade da Coruña.

O luns 18 de xuño, a partir das 12:00, celebraremos a primeira xornada de portas abertas da Facultade de Informática da Universidade da Coruña.
 
Fomos o primeiro centro en contar con estudos universitarios de informática en Galicia e actualmente somos o máis grande entre as tres posibilidades existentes e o único no qu

VI Xornada de portas abertas na Escola de Enxeñaría Industrial

Durante a xornada, prevista para o vindeiro 20 de xuño de 2018, os asistentes coñecerán as instalacións e terán a ocasión de resolver as súas dúbidas sobre as titulacións ofertadas polo centro. A asistencia é gratuita pero é preciso reservar a túa praza enchendo o formulario que atoparás premendo aquí.

Xornada de presentación do Grao en Enxeñaría Aeroespacial

O campus de Ourense acolle unha xornada aberta de presentación do Grao de Enxeñaría Aeroespacial, titulación única no mapa universitario galego que comezou a impartirse neste campus no curso 2016/2017. A xornada, especialmente orientada ao estudantado interesado en cursar estes estudos o vindeiro curso, permitirá ás persoas asistentes coñecer as características deste grao e as súas saídas profesionais.

Distribuir contido