Primeira xornada de portas abertas da Facultade de Informática da Universidade da Coruña.

O luns 18 de xuño, a partir das 12:00, celebraremos a primeira xornada de portas abertas da Facultade de Informática da Universidade da Coruña.
 
Fomos o primeiro centro en contar con estudos universitarios de informática en Galicia e actualmente somos o máis grande entre as tres posibilidades existentes e o único no que poderás cursar calquera das 5 especialidades recoñecidas de forma oficial en España.
Cada ano recibimos 240 novos estudantes aos que ofrecemos unha formación moderna e completa coa posibilidade de realizar, durante o último curso dos estudos, unhas prácticas becadas nalgunha das numerosas empresas TIC que se sitúan preto da Coruña, e coas que mantemos excelentes relacións.
 
Contamos con fantásticos grupos de investigación en moi diversos campos, o que se traduce na posibilidade de completar a túa formación n algún dos nosos 7 másteres oficiais (ciberseguridade, informática de altas prestacións, bioinformática, xeoinformática,...).