blogue deadmin
Entrega de boletíns de cualificacións de setembro
Enviado por admin o Mar, 04/09/2018 - 13:15
As datas de entrega dos boletíns de cualificacións dos exames de setembro son as seguintes:
- 2º de bacharelato: xoves 6 de setembro ás 11:00
»
Traballando para a próxima visita a Vire (Francia)
Enviado por admin o Mér, 25/07/2018 - 13:46Na primavera o noso alumnado de 3º da ESO visitou a Normandía francesa no marco dun intercambio escolar co Collège Saint Jean Eudes de Vire. Durante a estancia de 7 días, o alumnado viviu coas familias de acollida, coñeceu a cultura e a gastronomía, coñeceu tamén o sistema educativo francés e tivo a oportunidade de visitar lugares como Vire, Villedieu-les-Poêles, le Mont Saint Michel, Granville, Caen ou inclusa as praias do desembarco do seis de xuño de 1944.
A experiencia foi moi satisfactoria, tanto a nosa estancia en Vire como a visita dos compañeiros franceses aos poucos días.
Repetirémola para co curso 2018-2019!
Nos adxuntos quedan algunha imaxes do intercambio 2017-2018.
Probas extraordinarias de setembro: calendario e horario
Enviado por admin o Ven, 20/07/2018 - 22:30
Nos arquivos adxuntos queda o calendario e horario das probas extraordinarias de setembro.
Nicolás Yagüe Novoa recolle o diploma da USC aos mellores expedientes de 2017-2018
Enviado por admin o Mar, 10/07/2018 - 19:18
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) colgou o vídeo da entrega dos diplomas acreditativos dos mellores expedientes do curso 2017-2018. O noso alumno e compañeiro Nicolás Yagüe Novoa sae a partir do minuto 48.
Nicolás Yagüe Novoa, entre os mellores expedientes de Galicia
Enviado por admin o Mér, 04/07/2018 - 21:30Hoxe, mércores catro de xullo, na Universi
Alumnado de 1º de bacharelato participa nun intercambio con Alemaña
Enviado por admin o Xov, 28/06/2018 - 18:19Desde o pasado 22 de xuño vinte e catro alumnas e alumnos de 1ºBach do IES Auga da Laxe, acompañados de dúas profesoras, están en Nagold (Alemaña) participando na segunda parte dun intercambio que inclúe, ademais da convivencia coa familia de acollida, actividades e visitas na propia vila de Nagold, asistencia a clases no instituto alemán co que se realiza o intercambio, un obradoiro para facer brezeln (un tipo de pan lixeiramente salgado), visitas ao Museo do Chocolate en Waldenbuch ou ao Museo da Mercedes e excursións á cidade de Stuttgar
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 57
- 58
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- seguinte ›
- última »