blogue deadmin

Divírtete coas matemáticas!

Este próximo venres 9 de novembro, de 12:00h a 12:30h, desenvolverase no patio central do instituto unha actividade lúdica de xogos e retos matemáticos organizada polas profesoras do departamento de Matemáticas. Será a primeira proposta da iniciativa "Divírtete coas matemáticas", que unha vez ao mes convidará a achegarse a esta materia dun xeito lúdico e divertido.

Pirámide alimenticia e hábitos de vida saudable

O alumnado da materia Promoción de Hábitos de Vida Saudables de 2ºESO estivo desenvolvendo nas clases un traballo sobre a nova pirámide alimenticia: estudaron cales son os alimentos máis necesarios e as cantidades que deben consumirse para conseguir unha dieta sa e equilibrada, así como outros aspectos que contribúen a mellorar os nosos hábitos de vida: o equilibrio emocional, o consumo de auga, o exercicio físico, etc.

Actividades de Espazo Lectura para o mes de novembro

Premendo neste enderezo podedes consultar as actividades de Espazo Lectura (asociación da que o instituto é socio protector) para o mes de novembro.

Concurso de cabazas de Halloween- Samaín

Xa temos gañadoras e gañadores do concurso de cabazas que organizou o departamento de Inglés. No primeiro premio produciuse un empate entre Lara Rial Costas, de 1°ESO-B, e Iván Rial Pérez, de 2°ESO-B. O segundo premio foi para Nerea Gándara Prado, de 1°ESO-A. No terceiro posto quedou a proposta conxunta de Andrea Vericat e Lucía González, de 1°ESO-A, e o cuarto premio foi para Bruno Patrone Freiría, de 1°ESO-A. Moitos parabéns a todos os premiados e premiadas e moitas grazas a todo o alumnado que participou traendo as súas cabazas.

O venres 2 de novembro é día non lectivo.


Lembrámoslle á comunidade educativa que no noso centro o venres 2 de novembro é día non lectivo.

Acción poética. Recreos con poesía: Outono.

Hoxe no recreo o patio central do instituto encheuse de follas e de poesía sobre o outono na primeira sesión da actividade "Recreos con poesía" que o departamento de Lingua Castelá e Literatura organiza o último martes de cada mes.

Distribuir contido