Acción poética. Recreos con poesía: Outono.

Hoxe no recreo o patio central do instituto encheuse de follas e de poesía sobre o outono na primeira sesión da actividade "Recreos con poesía" que o departamento de Lingua Castelá e Literatura organiza o último martes de cada mes. Da man de Andrea Blanco, Paula Faraldo e Domingo Estévez, coa colaboración de Sandra González e Lucía Iglesias na caída das follas, puidemos escoitar poemas de diferentes autores, nunha iniciativa coa que se pretende achegar a poesía á xente nova.