Concurso de cabazas de Halloween- Samaín

Xa temos gañadoras e gañadores do concurso de cabazas que organizou o departamento de Inglés. No primeiro premio produciuse un empate entre Lara Rial Costas, de 1°ESO-B, e Iván Rial Pérez, de 2°ESO-B. O segundo premio foi para Nerea Gándara Prado, de 1°ESO-A. No terceiro posto quedou a proposta conxunta de Andrea Vericat e Lucía González, de 1°ESO-A, e o cuarto premio foi para Bruno Patrone Freiría, de 1°ESO-A. Moitos parabéns a todos os premiados e premiadas e moitas grazas a todo o alumnado que participou traendo as súas cabazas. Que teñades unha boa e terrorífica ponte de Samaín!