Pirámide alimenticia e hábitos de vida saudable

O alumnado da materia Promoción de Hábitos de Vida Saudables de 2ºESO estivo desenvolvendo nas clases un traballo sobre a nova pirámide alimenticia: estudaron cales son os alimentos máis necesarios e as cantidades que deben consumirse para conseguir unha dieta sa e equilibrada, así como outros aspectos que contribúen a mellorar os nosos hábitos de vida: o equilibrio emocional, o consumo de auga, o exercicio físico, etc. Como complemento desta actividade, construíron unha pirámide alimenticia con envases brick: primeiro repartiron cada un dos chanzos da pirámide, logo fixeron debuxos nunhas cartolinas para pegar nos envases e, finalmente, pegaron esas pezas para formar a pirámide.