Divírtete coas matemáticas!

Este próximo venres 9 de novembro, de 12:00h a 12:30h, desenvolverase no patio central do instituto unha actividade lúdica de xogos e retos matemáticos organizada polas profesoras do departamento de Matemáticas. Será a primeira proposta da iniciativa "Divírtete coas matemáticas", que unha vez ao mes convidará a achegarse a esta materia dun xeito lúdico e divertido. A proposta está aberta a toda a comunidade educativa, moi especialmente ao alumnado e ao profesorado do centro, e non é necesario inscribirse, así que abonda con achegarse ás mesas onde estarán as profesoras cos xogos e retos cos que se pode participar.