blogue deadmin

Visita ao Santuario de San Campio

O próximo luns 19 de novembro o alumnado de Relixión de 1º e 2º ESO vai visitar o Santuario de San Campio, en Tomiño, para realizar un traballo guiado, previamente preparado na aula. Esta actividade ten como obxectivos descubrir a arte cristiá como expresión de fe e recoñecer a planta e a orientación dun templo, así como os diferentes elementos litúrxicos e decorativos.

Brux@s e cómplices

A partir da lectura da novela Palabra de bruxa, de Andrea Barreira (Editorial Galaxia), o alumnado de 3ºESO reflexionou estes días nas clases de Lingua Galega e Literatura sobre aquelas cousas que hai anos poderían ser consideradas delitos nunha muller, aqueles feitos que podían facer que as mulleres fosen xulgadas como bruxas só por non renunciaren a ter unha voz propia.

Todos os días son 25 de novembro

De novo, o alumnado da materia de Igualdade de 2º de ESO pintou frases alusivas ao respecto e contra a violencia ás mulleres nas beirarrúas da nosa vila, na zona do mercado. Como todos os días, hoxe é 25 de novembro.

Momentos do "Divírtete coas matemáticas!"

Momentos do "Divírtete coas matemáticas!" de hoxe, a iniciativa que unha vez ao mes convidará a achegarse a esta materia dun xeito lúdico e divertido. A proposta está aberta a toda a comunidade educativa. As copias dos xogos van quedar ao longo de toda a semana que vén para que a xente os poida coller para resolvelos e logo entregárllelos ás profesoras de Matemáticas.

Contra a violencia de xénero

Onte o alumnado da materia Igualdade de Xénero de 2ºESO pintou en diferentes espazos do recinto escolar frases en favor da igualdade que previamente seleccionaran na clase.

Os intercambios no IES Auga da Laxe

Explicación do que facemos

Distribuir contido