Contra a violencia de xénero

Onte o alumnado da materia Igualdade de Xénero de 2ºESO pintou en diferentes espazos do recinto escolar frases en favor da igualdade que previamente seleccionaran na clase. Con esta acción queren compartir con todos e todas nós o seu particular "berro" contra a violencia de xénero, no comezo deste mes de novembro en que se celebra o Día contra a Violencia de Xénero, unha reivindicación que nos ten que acompañar tamén en decembro, xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio... porque todos os días do ano son 25 de novembro.