blogue deadmin

O venres 2 de novembro é día non lectivo.


Lembrámoslle á comunidade educativa que no noso centro o venres 2 de novembro é día non lectivo.

Acción poética. Recreos con poesía: Outono.

Hoxe no recreo o patio central do instituto encheuse de follas e de poesía sobre o outono na primeira sesión da actividade "Recreos con poesía" que o departamento de Lingua Castelá e Literatura organiza o último martes de cada mes.

Chega Halloween- Samaín

Xa comezaron a chegar ao instituto as primeiras cabazas que van participar no concurso de Halloween / Samaín que organiza o departamento de Inglés coa colaboración do departamento de Plástica. Tedes ata o mércores 31 para traer as vosas propostas e entrar no concurso. A entrega de  premios celebrarase ese mesmo día no recreo, así que, xa sabedes, poñede a andar a vosa creatividade e sorprendédenos coas vosas cabazas.

Atención a urxencias sanitarias para familias

A Consellería ofrece ás familias a posibiidade de asistir a unha formación de 9 horas sobre atención a urxencias sanitarias, que será impartida por persoal do 061.
Esta formación desenvolverase no IES

Adeus ás alumnas e aos alumnos daneses do intercambio

Este sábado dixémoslles adeus ás alumnas e aos alumnos daneses que estiveron en Gondomar participando no intercambio que organiza o Departamento de Inglés. Foi unha semana intensa de actividades e convivencia que remataba cunha cea de despedida o venres á noite e a súa saída de volta a Viby (Aarhus) o sábado á mañá. Atoparanse de novo a comezos do mes de marzo, cando o noso alumnado viaxe a Dinamarca para a segunda parte do intercambio.

Recreos con poesía

O próximo martes 30 de outubro, de 12:00h a 12:30h, o patio central do instituto acollerá a actividade Recreos con poesía, unha sesión de dinamización poética organizada polo departamento de Lingua Castelá e Literatura. Esta primeira proposta leva por título "Palabras de otoño" e terá como protagonistas a poesía e a música.
Distribuir contido