Adeus ás alumnas e aos alumnos daneses do intercambio

Este sábado dixémoslles adeus ás alumnas e aos alumnos daneses que estiveron en Gondomar participando no intercambio que organiza o Departamento de Inglés. Foi unha semana intensa de actividades e convivencia que remataba cunha cea de despedida o venres á noite e a súa saída de volta a Viby (Aarhus) o sábado á mañá. Atoparanse de novo a comezos do mes de marzo, cando o noso alumnado viaxe a Dinamarca para a segunda parte do intercambio. Grazas ao alumnado e ás dúas profesoras danesas pola súa simpatía e pola boa disposición en todas as actividades que se organizaron e grazas tamén ás familias do noso alumnado pola súa colaboración.