Recreos con poesía

O próximo martes 30 de outubro, de 12:00h a 12:30h, o patio central do instituto acollerá a actividade Recreos con poesía, unha sesión de dinamización poética organizada polo departamento de Lingua Castelá e Literatura. Esta primeira proposta leva por título "Palabras de otoño" e terá como protagonistas a poesía e a música. Incluiranse poemas sobre o outono de diferentes autores (Ángel González, Luis García Montero, Mario Benedetti, Pablo Neruda, Leopoldo Lugones, Marwan, Defreds, Joan Margarit ou Karmelo C. Iribarren), acompañados de propostas musicais que virán da man de Marea y la fuga, Miss Cafeína, Antonio Vega, Ed Sheeram, U2 ou Love of Lesbian. Comeza así unha actividade de encontro coa poesía que se vai celebrar ao longo do curso o último martes de cada mes.