Actos polo 8M

O pasado 8 de marzo participamos nos actos institucionais do Concello de Gondomar con motivo do Día Internacional da Muller. Alumnado de 1º, 2º e 3º ESO e alumnas de 2º Bacharelato deron lectura ao Manifesto, xunto co Alcalde e a Concelleira de Igualdade; logo varios grupos de alumnos/as escenificaron algúns dos micromachismos aínda vixentes na nosa sociedade e Nerea Gándara, de 2º Bach, cantou, como remate, "La puerta violeta", de Rozalén, acompañada por un coro numeroso de alumnado e profesorado. As actividades estiveron organizadas desde o EDLG, a Biblioteca e a materia de Proxecto Competencial. Pódense ver imaxes do acto nas redes sociais do instituto.