blogue deadmin

Inauguración e presentación do curso 2019-2020

A inauguración e presentación do curso 2019-2020 será o próximo luns 16 de setembro, tanto para ESO como para bacharelato, de 11:00 a 12:00.

Becas e axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Curso 2019/20

O Ministerio de Educación vén de convocar as becas e axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. 
Toda a información está aquí.

Datas e horario dos exames de setembro

Velaquí queda o calendario e horario das probas extraordinarias de setembro e as datas de entrega de cualificacións.

Composición da nova directiva para o curso 2019-2020

A nova directiva do instituto está formada por:

- Directora: Dona Inmaculada González Álvarez
- Xefa de estudos: Dona Begoña Recondo Burgo
- Secretaria: Dona Belén García Fernández
- Vicedirectora: Dona Araceli González Andrade

Intercambio co Otto-Hahn-Gymnasium de Nagold (Alemaña)

Hoxe regresa a Gondomar o alumnado que participou ao longo desta última semana nun intercambio en Alemaña. Nestes últimos días, ademais de participar nun xogo de busca por Nagold e en diferentes actividades de convivencia coas familias de acollida, visitaron o castelo da vila, o Museo do Chocolate e a cidade universitaria de Tubinga, onde deron un paseo en barca polo río Neckar.

Noraboa para o noso alumnado nas ABAU

Parabéns a todo o noso alumnado polos bos resultados nas ABAU (selectividade).

Distribuir contido